Como antes do Mundial, o Barça segue gañando.Non xoga como daquela, pero gaña.O Real Madrid gaña algo mais, pero aburre as ovellas.
E como daquela, a crise institucional sigue vixente.Naqueles dias de xullo andábamos pendentes das eleccións.Seis meses despois, seguimos pendentes da presidencia interina de Ramón Calderón, agravada a situación agora pola demisión de dous membros da sua xunta directiva.
O Celta anda que anda.Pelexado con Balaidos, respira fora do seu campo.Agarramonos a ilusión da Uefa.E o Deportivo de Caparros, nin gañaba nin gaña.Mira para abaixo.Perigo.
E Luis Aragones segue.Lamentablemente ,segue a fronte da selección española.Unha razón mais para ser portugues.
Asi e o futbol.En xuño, xullo ou decembro.Que grande.
lunes, diciembre 11, 2006
sábado, julio 01, 2006
Cuestión de palabra
Arxentina fora do Mundial, en cuartos e nos penaltis.Pekerman dimite nada mais acaba-lo partido
España fora do Mundial, en oitavos, lonxe do obxectivo do seleccionador.Luis sigue dous anos mais.
Arxentina e España.Duas formas de entende-lo fracaso.
España fora do Mundial, en oitavos, lonxe do obxectivo do seleccionador.Luis sigue dous anos mais.
Arxentina e España.Duas formas de entende-lo fracaso.
jueves, junio 29, 2006
Pola boca morre.....Luis

Antes de da-la lista do mundial, comentou:"os vintetres sairan dos vintesete xogadores que estiveron na última convivencia".Certo.Ata que se mancou Del Horno e chamou a Pernia e non a Capdevilla, que si estivera nesa lista de vintesete.
Antes de comeza-lo mundial, dixo:"se non chegamos a cuartos de final, deixo a selección".España caeu en oitavos.¿Qué fará Luis?. Vistos os antecedetes, imaxinome o peor.Luis seguirá.
miércoles, junio 14, 2006
14.06.2006 Torres comeza a despedirse
Provoca un penalti e unha expulsión, marca un gol, está en todalas xogadas de perigo de España, mellor xogador do partido.Ante Ucrania, no xullo alemán, comeza a despedida de Torres.Se triunfa no Mundial, está no camiño, chegarán as ofertas, e como el se quere marchar, dende hoxe, dende o catorce de xuño, Fernando Torres é un pouco menos colchoeiro.
martes, junio 13, 2006
Abrimos un momento
miércoles, mayo 31, 2006
¿Por qué Djalminha non foi campión do mundo?
Asi o conta Sandro Rossel no seu libro "Bienvenido al mundo real":"Cuando venía a Río, Scolari cenaba y dormía en mi casa en algunas ocasiones.Un día me llamó para decirme que ya habia confeccionado la lista de los veintitres jugadores que pensaba llevar al Mundial y que desesaba enseñármela.Me pareció un detalle que, sinceramente, no esperaba.Se presentó pronto en mi casa, lo reocordaré toda la vida, y mientras estabamos esperando para cenar, conecté las noticias del canal internacional de TVE, justo en el momento en que comentaban el cabezazo que Djalmiha le habia propinado a su entrenador, Irureta.Nos quedamos de piedra y Scolari se piso de pie, indignado, exclamando:"La madre que lo parió.Será....., se acaba de caer de la lista éste.Ya no lo puedo convocar.Cómo quieres que convoque a un tipo que le da un cabezazo a su entrenador, a un colega mio, ya no lo puedo convocar".Y alli en mi casa, Djalminha se cayó de la lista y se incorporo a última hora Kaká, el joven centrocampista del Sao Paulo"
Asi foi como Djalminha se quedou sen Mundial e, por tanto, sen ser campión do mundo en Corea e Xapón.
Sandro Rossel, que despois seria vicepresidente do FC Barcelona, era daquela o responsable de NIKE en Sudamerica e home de confianza de Felipe Scolari, seleccionador brasileiro.
martes, mayo 30, 2006
¿A QUE XOGA LUIS?
08.05.2006 Luis dixit."A Pernia le ha llegado tarde ser español.Ha habido otros jugadores que han jugado toda la clasificación y la repesca, que venian haciendolo bien.Si hubiese llegado antes es posible, ahora me parecía una injusticia.A Pernia le considero un buen jugador pero los que vienen también lo son"
¿Qué cambiou dende aquel dia?.Capdevilla si estivo na última xornada de convivencia.E Luis foi moi claro.Os vintetres do Mundial sairan dos vintesete que estiveron o oito de maio en Madrid.Capdevilla estivo.Pernía non.¿Está claro, Luis?
¿Qué cambiou dende aquel dia?.Capdevilla si estivo na última xornada de convivencia.E Luis foi moi claro.Os vintetres do Mundial sairan dos vintesete que estiveron o oito de maio en Madrid.Capdevilla estivo.Pernía non.¿Está claro, Luis?
jueves, mayo 18, 2006
martes, mayo 16, 2006
O pontificado de López Caro
Acabou a Liga.Acabaron as roldas de prensa de López Caro.¡¡¡Que alivio¡¡¡.Parece que vair sair do Real Madrid.Despois de toca-lo ceo da primeira división, volver ó filial para él é como volver ó inferno.A evanxelizar a outra parte.¡¡¡Que Deus vaia con él ¡¡¡.
Non é a miña selección
Anda extendida por Madrid unha corriente pola que so se podia criticar á lista de Luis Aragones o día que a facilitou.Ou sexa.O quince de maio comezaron e acabaron as críticas a Luis Aragones.Seria moi longo de explicar os porqués do bo cartel que ten o actual seleccionador na prensa madrileña.
¡¡¡Qué teria sido de Clemente se nalgún momento fixera unha fase de clasificación como a que fixo España para o Mundial de Alemaña¡¡¡.O paso do tempo acabará por recoñecer o traballo do vasco a fronte da selección española.
O que iamos.Luis é intocable.Intocable para os pesos pesados da prensa madrileña. Aqueles que nunca sufriron o insoportable caracter do seleccionador.Aqueles que, si esporadicamente acudian a algunha rolda de prensa de Luis, lle reian as gracias.As gracias dun tipo que tiña por costume maltratar os xornalistas mais mozos que eran os que cubrian case sempre a información do Atletico de Madrid .
O seleccionador, un tipo, que logo na distancia curta, ante os xefes deses xornalistas maltratados semellaba ser un encantador.A aposta saiulle ben a Luis.Primeiro, co apoio dos medios madrileños, chegou a seleccionador.Logo evitou as criticas na fase de clasificación.E agora obtén o beneplácito case unanime a sua lista mundialista.
Dito esto, a min, pareceme unha selección de xogadores cobarde.Boto en falta a Guti, a Oubiña, a Cani, a Pernia, a Tamudo, a David Castedo, a Martí, a Jesus Navas, a Albiol, a Pinto..¿Por qué Xavi, recen saido dunha lesión e non Vicente, na mesma situación?. E importante Xavi pero tamén o foi Vicente cando estivo en boas condicións físicas.
Non aguanto a Luis.Ainda que pase de cuartos, para mín é e será un adestrador caducado.
A de Luis, a española, non e a miña selección.No Mundial son arxentino. brasileiro, holandes, portugues ou tunecino.
¡¡¡Qué teria sido de Clemente se nalgún momento fixera unha fase de clasificación como a que fixo España para o Mundial de Alemaña¡¡¡.O paso do tempo acabará por recoñecer o traballo do vasco a fronte da selección española.
O que iamos.Luis é intocable.Intocable para os pesos pesados da prensa madrileña. Aqueles que nunca sufriron o insoportable caracter do seleccionador.Aqueles que, si esporadicamente acudian a algunha rolda de prensa de Luis, lle reian as gracias.As gracias dun tipo que tiña por costume maltratar os xornalistas mais mozos que eran os que cubrian case sempre a información do Atletico de Madrid .
O seleccionador, un tipo, que logo na distancia curta, ante os xefes deses xornalistas maltratados semellaba ser un encantador.A aposta saiulle ben a Luis.Primeiro, co apoio dos medios madrileños, chegou a seleccionador.Logo evitou as criticas na fase de clasificación.E agora obtén o beneplácito case unanime a sua lista mundialista.
Dito esto, a min, pareceme unha selección de xogadores cobarde.Boto en falta a Guti, a Oubiña, a Cani, a Pernia, a Tamudo, a David Castedo, a Martí, a Jesus Navas, a Albiol, a Pinto..¿Por qué Xavi, recen saido dunha lesión e non Vicente, na mesma situación?. E importante Xavi pero tamén o foi Vicente cando estivo en boas condicións físicas.
Non aguanto a Luis.Ainda que pase de cuartos, para mín é e será un adestrador caducado.
A de Luis, a española, non e a miña selección.No Mundial son arxentino. brasileiro, holandes, portugues ou tunecino.
martes, mayo 02, 2006
Os 23 do ¿ Sabio ?
Duas semanas para coñecer os vintetres de Luis.Aparecen as listas en todolos medios e outra vez todo volve soar a vello.O de sempre.Os de sempre.Xogadores fora de forma (Baraja, Morientes, Joaquin....), xogadores recen saidos de lesións (Xavi, Raul...), xogadores cuestionados nos seus clubes (Salgado, Marchena...).Asi lle foi sempre a España.
Soa a vello.Con Luis, non podiamos agardar outra cousa.
martes, abril 25, 2006
Pechado por derribo

Non gañaran outras nove copas de Europa, nin vintentantas ligas, nin non sei cantas copas do Rei, nin Intercontinentais nin copas Toyota, nin Supercopas.Non volverá a quinta do Buitre, nin Gento, nin Puskas, nin "don Alfredo".Hugo Sánchez non gañará mais pichichis, non haberá outro Amancio.Zidane vaise e non nacerá outro igual.
Tampouco virá Santiago Bernabeu pra reinventa-lo fútbol.O Real Madrid non volverá se-lo mellor club do seculo vinte.Botaremos de menos a Ramón Mendoza.Algo menos a Lorenzo Sánz.Miguel Muñoz non será o adestrador da próxima temporada..
Chega o gran dia.¡¡¡Canto o levan agardando¡¡¡.O vinteseis de abril.Hai xunta directiva do Real Madrid.Propoño unha solución a Fernando Martín.Que presente unha proposta de disolución da entidade.Seguro que todos descansamos.E o Real Madrid, en paz.
miércoles, abril 05, 2006
Grande Riquelme, grande Vila-real
Ninguén marca os tempos dos partidos como él.Poucos teñen tanta influencia no xogo do equipo como él.E un dos grandes.Entre os cinco mellores xogadores do fútbol actual.Riquelme levou o Vila-real as semifinais da Liga de Campeóns.Con él todo e máis facil.Capaz incluso de converter en un bo futbolista a un mediocre futbolero como é José Mari.O Vila-real de Riquelme está a un paso da gran final.Pero xa é un tremendo exito.Un triunfo dun tipo tan peculiar como José Manuel Llaneza e dun presidente exemplar como Fernando Roig.Eles dous xa guiaban o Vila-real, en xuño do 98, cando dende Puente Viesgo, onde estaba concetrada a selección española antes de viaxar a Francia 98, escoitei como este equipo apartaba da élite, definitivamente, o Compostela.Oito anos despois, onde está un e onde está o outro.
domingo, abril 02, 2006
Corvos negros
jueves, marzo 30, 2006
Ata logo, Caparrós
Creo que Caparrós esta a preparar a sua saida.¡Que sorte vai ter o Deportivo¡.Non sei porqué pero sempre desconfiei do actual técnico do Deportivo.Non me gusta.Pareceme artificial.No campo, nas salas de prensa.Dame que é outro deses adestradores que caen moi ben ali onde nunca traballaron. Outro Víctor Fernández.En Madrid perden o cú por él.Pero que pregunten en Vigo, en Tenerife ou en Zaragoza.
Creo que con Caparrós vai pasar o mesmo.Que si Lendoiro non cumpre, que si non me traen o que eu quero, que si se van xogadores cos que eu conto. Botaralle a culpa ó empedrado.Pero marchará.E despois, descansaran os xogadores.Os que non xogan.Pero tamén os titulares.
miércoles, marzo 29, 2006
De repente, despertei
O Deportivo xogaba este domingo en Mollerusa, o Celta era o Celta de Gudelj, o Sporting de Xixón disputáballe as ligas ó Real Madrid, o Teresa Herrera era o Teresa Herrera, o Cidade de Vigo sempre o xogaba o Real Madrid, Maradona era deus, o Granada seguia en primeira, Vila-real era un pobo descoñecido de Castellon, no Valencia xogaba Kempes e Juanito era a estrela do Real Madrid, todolos partidos eran ás cinco da tarde, as quinielas validabanse cun selo, eu era o sete do Baralla, o Alemán seguia xogando no Becerreá, Dosi, Fariña, Ordáx , asi mais ou menos, comezaba a aliñacion do Lugo no vello Anxo Carro.-Eh, Jose, despierta.
Outra vez me quedara dormido no sofa.Na tele, un equipo vestido con camisetas amarelas moi axustadas, xogaba fronte ó Inter.
Mentres eu me incorporaba, ela repetia "Un partido más, una neurona menos".
martes, marzo 28, 2006
Guti e dez mais
Mediados os noventa coincidin cun rapaz, de dezasete ou dezaoito anos.Xogábase no Bernabeu a homenaxe a Juanito e o rapaz en cuestión andaba pola zona de prensa do estadio.Levaba media melena, similar á que lucia Fernando Redondo, que daquela marcaba tendencia no vestiario do Real Madrid.Algúns pensaban que o rapaz era irmán do arxentino.Pero era de Torrejón.E era unha das mais firmes promesas do Real Madrid.A media melena non era para parecerse a Redondo.Era xa unha forma de dicir "aqui estou eu" nun clube que, daquela, iso da imaxe fora do normal non estaba moi ben visto.Era José Maria Gutierrez.Era Guti.
Pouco despois, xa vimos ó rapaz como habitual nos adestramentos do primeiro equipo.E con Valdano chegou o seu début no Real Madrid.Neses momentos tan félices non podia imaxinar os paos que lle ia dar o fútbol.
Que duro foi o fútbol con Guti.Era sempre un dos xogadores de mais calidade da plantilla.Pero sempre era carne de banquiño para todolos adestradores.Capello, Hidinck, Heynckes, Queiroz....para todos era un gran futbolista pero todos contaban moi pouco con él.So viu a luz con Vicente del Bosque.Pero o problema de Guti non so era cos adestradores.Cando parecia asentado como titular(na época de Del Bosque) ano tras ano chegaba Florentino Perez cunha fichaxe que ocupaba o seu posto.Si xoga de nove, ficho a Raonaldo.Si rinde como media punta, traigo a Zidane.Pero aguantou.
Ata o pasado verán.Viuse fora do Real Madrid.Chegaban Baptista e Robinho.Mais competencia.E por riba, as suas relacións con Luxemburgo non eran as mellores.O brasileiro non lle perdoara que se borrara antes dunha viaxe a Riazor.Pero, entre que non habia ofertas dos equipos os que el queria ir e que o seu entorno convenceuno para seguir, o de Torrejón, ó final optou por continuar.
E nesas chegou López Caro.E si o tiña claro con Guti.Amais, os golpes forono moldeando como xogador.Xa non é un futbolsita intermitente, que so pensa en atacar e en dar o ultimo pase. A paos, madurou.
Guti traballa.Corre.Recupera.Asiste.Protesta.Pega( e o mais amoestado do Real Madrid).Guti sintese valorado, querido, útil.E responde.
Neste Real Madrid tan triste, Guti aporta luz.Este Real Madrid é Guti e dez mais.Como debe de ser na selección.
"O elexido"
Xa ten adestrador o Real Madrid.Será Ancelotti.............Ou Ericksson.Ou Lippi.Ou Capello.Ou Mourinho.Ou Del Bosque.Ou Benitez.Ou Camacho.Ou Van Basten.Ou Koeman.Ou Victor Férnandez.Ou Caparrós.Ou Schuster.Ou Gullit.Ou Fernando Vázquez.Ou Juande Ramos.Ou Pepe Murcia.Ou Luis Cesar.Ou Mandiá.Ou Rijkaard.Ou............
Está dito.28.03.2006
viernes, marzo 17, 2006
"Aguanta Michel"

Non entendo porque se cuestiona a Michel Salgado.Supoño que os defensores da revolución na plantilla están cansos de ve-lo, unha tras outra temporada, mostrandose como o xogador máis regular do Real Madrid.Demasiado tempo.Asi que mellor apostar por unha cara nova como é a de Cicinho. Quizas tamén por ser un dos pesos pesados de tan complicado vestiario.
Pasan factura a Michel.E iso que foi un dos poucos xogadores que nas boas e nas malas sempre deu a cara.Aproveitaron unha lesion e a chegada de Cicinho para tentar apartar ó galego da titularidade.Penso que nin asi o van a conseguir.Si algo lle sobra a Michel é cáracter e madridismo.
Madridismo para aguantar a era Florentino.Por ser el quen é, nunca foi do gusto do ex-presidente.Non era Michel o que lle reia as gracias a Pérez.Non lle gustaba a Michel o comportamento do ex-presidente con algúns xogadores.Pero tivo que aguantar.Ata onte.
Sen nomealo, Michel referiuse sempre a Florentino.Acusouno de abandona-lo barco cando as cousas ian mal.De consentir actitudes e comportamentos impropias dun equipo de fútbol.En definitiva, de ser un cobarde e "un pai"incapaz de educar os "seus fillos".
martes, marzo 14, 2006
Valium para Caparrós
E o seu estado natural.Pero Caparrós anda agora algo mais nervoso.Chega para o Deportivo e para o seu técnico a hora da verdade.Ata este momento viviu do "ano de transición", unha milonga creada polo deportivismo(club, afeccionados, prensa).Desta forma poden xustificar calquera resultado da temporada.Se se pasaba mal, non habia problema.Se se estaba polos postos altos, pérfecto.Pero chega o partido de volta da Copa do Rei e Joaquín Caparrós, un técnico para mín sobrevalorado, da mostras de preocupación.O equipo non gaña en Riazor.E agora non lle queda outra que superar ó Espanyol.Co medo no corpo, Caparrós fala mais ca xesticula.Falou tras perder ante a Real Sociedade.Ninguén lle creeu iso de sacar os rapaces do filial.E reiuse da prensa tras decidir facer a porta pechada o último adestramento antes de xogar co Espanyol.
Caparrós, bandeira do fútbol mais violento(non no Deportivo pero si no Sevilla), non encontra a maneira de que o seu equipo gañe en Riazor.Agora necesita axuda.E ante o partido do mércores, no que o Deportivo se xoga a temporada, non é momento de crispa-lo ambente.Hai que ir todos xuntos na mesma dirección.Por tanto, un valium para Caparrós
Tren da morte
E despois do deporte ¿qué?.A Jesús Rollán atropelouno o tren da vida.Un tren o que xa se subira antes de remata-la carreira deportiva.Un aviso para tantos "niñatos"futboleros.
domingo, marzo 12, 2006
Figo-Ronaldo

Foi no Real Madrid-FC Barcelona da pasada temporada. Luxemburgo deixou a Luis Figo fora do once.Algo inesperado, dificilmente explicable, malia que eran coñecidas as diferencias entre xogador e adestrador.
Foi o principio do fin dun xogador cen por cen profesional, comprometido e entregado a sua cor, daquela a branca do Real Madrid.Luxemburgo foi o verdugo de Figo.Fixo, o brasileiro, o traballo sucio.Desfixose do portugues, cos parabéns da directiva.
Un ano despois, semella que se esta a repetir unha situación similar.Ronaldo é o protagonista e Juan Ramón López Caro pode que vaia desempeña-lo papel que o ano pasado fixo Luxemburgo.
Comezou López Caro por deixa-lo fora da convocatoria fronte o Atletico de Madrid.Permitiulle xogar en Londres e deixouno outra vez no banco en Valencia.Sen Florentino Pérez, Ronaldo ten poucos apoios dentro da directiva.Menos no vestiario.Entre todos, mostranlle a porta de saida.
sábado, marzo 11, 2006
Fernando Vázquez

Apeteceme escribir sobre Fernando Vázquez.E para que non queden dúbidas dende o principio, direi, que para mín é o mellor adestrador da historia do fúbol galego.
Haberá algún que diga,¿e Arsenio?.Vale.¿Ou Luis Suarez, que chegou a seleccionador?.Perfecto..Pero para min, ningún como Fernando Vázquez.Chegou dende abaixo.Non foi un xogador de élite como Arsenio.Ou un extraordinario fútbolista, como Luis Suarez.
Mamou o fútbol dende os campos de lama.En Lalín.En Lugo.Foi precisamente en Lugo, onde o descubrin.Non podo esquecer un partido na vella cidade deportiva do Real Madrid.Real Madrid B-Lugo.Gañou o equipo lugues ante un filial madridista no que destacaba Victor, o agora xogador do Deportivo.¡Qué partido do Lugo¡´0-2 foi o resultado.
Triunfou Fernando no Compostela.Por menos do que él fixo, a Quique Sánchez Flores despois de adestrar ó Xetafe, ofreceronlle o Valencia. No Betis non lle deixaron asina-lo ascenso.Pero ai está Joaquin para falar de Fernando.Mallorca, Oviedo, Valladolid, As Palmas.Mais ou menos exitos.Pero ninguén lle pode discutir o seu traballo.En Vallecas ainda se arrepinten da sua destitución.Onde está Fernando e onde está o Raio.
E que dicir do seu paso polo Celta.Colleuno en segunda.Armou un equipo para ascender.Ascendeu.E agora, a tiro de Europa.Pese a quen lle pese.¿Qué mais queren?.
Sempre digo o mesmo.Se Fernando fose serbio ¿onde estaria?.Afortunadamente está no Celta.Un Celta que cheira a Europa.¿A qué agardan para renovarlle o contrato?Ou, acaso, queren que o Celta europeo o dirixa un técnico de "recoñecido prestixio".Dou pistas.Antic está libre.Este si que vende....burras.Fernando, o mais grande.Pese a quen lle pese.
jueves, marzo 09, 2006
Riazor sen final

Riazor non acollerá a Final da Copa do Rei.Por tanto, Deportivo non poderá celebra-lo seu centenario como pretendia.Pesaron mais os intereses dos outros dous clubes, o Zaragoza, xa finalista, e o Espanyol, pendente da semifinal fronte o Deportivo.
O clube coruñes sintese agraviado.No 2002 ninguén lle preguntou se querian xogar a final no Bernabeu fronte o Real Madrid.So lles dixeron, o seis de marzo, as nove da noite, tedes que estar en Madrid para xogar a final de Copa.Estiveron e gañaron.
Pero pensaban que si daquela pasou eso, agora, poderia repetirse.Non foi asi.Zaragoza e Espanyol expuxeron como argumento o pouco áforo de Riazor.E por iso se inclinaron por Madrid.En principio, polo Bernabeu e, si non o cede o Real Madrid, polo Calderón.
Pesou o áforo pero tamén, é posible, as malas relacións do Deportivo coa Federación.Tensou a corda Lendoiro.Primeiro polo partido de volta fronte o Valencia.Logo pola data da semifinal ante o Espanyol.Asi e moi complicado que lle fagan caso.Malia que, ala polo mes de xaneiro, algún alto cargo da Federación recoñecia que lle gustaria ver unha final en Riazor.
Non sera asi.E ó Deportivo so lle queda agarrarse a aquelo de que nunca perdeu unha final no Bernabeu.1995-2002
domingo, marzo 05, 2006
O portugues arrogante

Non lle perdoan que sexa portugues.E que no seu paso polo fútbol español non fose mais, din, que o traductor de Bobby Robson.Rironse del e agora todos teñen que soporta-la sua soberbia.
Non deixou amigos trala sua estadia no FC Barcelona.Lóxico.Todos eses xornalistas "agarrafarolas" tiñan demasiado "caché" como para tomar un café co traductor de Robson.E agora pasa o que pasa.
Xa lle pasou factura a algún.Xenial aquela resposta na rolda de prensa previa o Barça-Chelsea da pasada temporada."Vexo que ti sigues coma hai dez anos.E mira eu onde estou" lle contestou a un xornalista que, con tono arrogante, lle preguntou algo relacionado co seu paso polo cadro catalán.
A min gustame Mourinho.Dende o posto de "traductor" foi medrando pouco a pouco.Pasou por un modesto portugues ata que triunfou nun Porto, co que poucos contaban.Gañou aquela Liga de Campións que parecia ser do Deportivo.
Chegou o Chelsea e seguiu gañando.E certo que ten todo o que quere.Pero tamén algo tera el pra gañar ali onde vai.Se fose holandes, alemán ou ingles todos lle reirian as gracias.Pero é portugues, afortunadamente.E é un pedazo de adestrador.Gañe ou non a Liga de Campeóns co Chelsea.
sábado, marzo 04, 2006
Ronaldo

Non pasa nada por que non xogue Ronaldo.Bo, si pasa.Non xoga un dos tres mellores dianteiros do mundo.Pero non é un problema, de momento.Pode que non xogue porque López Caro pensa que o partido realmente decisivo é o do mercores en Londres.Por iso, entendemos, que hoxe prefire que descanse, que este en plenitude de condicións para xogar ante o Arsenal.
Outra cousa seria se o mércores, Ronaldo non viaxa ou, se o fai queda no banquiño nun partido no que o Real Madrid se xoga a temporada.Eso si que sería unha mensaxe moi clara.Non contamos contigo, Ronaldo.E o que lle estarian dicindo o brasileiro.
Entón seria o momento de cuestionar de quen ben esa decisión.Ronaldo xogaba con Florentino.Ronaldo xogaba con López Caro.Ronaldo deixa de xogar con Fernando Martin.
¿Decide Martín que acabou o tempo de Ronaldo no Real Madrid?
viernes, marzo 03, 2006
E por fin, fútbol

Aburreme xa o asunto da presidencia do Real Madrid.En todolos sitios, prensa, radio, Tv ou blogs, en todos so se fala de Florentino Pérez e de Fernando Martin.Un coñazo.Dende hai algún tempo do que menos se fala é de fútbol.Ten mais importancia a politica do fútbol que o balompé como deporte.
Afortunadamente, é venres.E maña volve a Liga.Volve o fútbol.Messi, Ronaldinho, Tristán, Ronaldo ou Forlán.Estes son os autenticos protagonistas.Ben é certo, que sin os politicos do fútbol, este deporte tampouco seria posible.Pero chega o sabado.E chega o seu momento.
Volveremos ver a Fernando Torres.Para min, o mellor do que chega.Gustame como futbolista e gustame como persoa.Unha cousa é a imaxe.E outra o que leva dentro.Aguantou de todo dende que chegou o primeiro equipo do Atletico de Madrid.Apenas era un neno.E dende o principio tivo que face-lo papel de lider nun equipo que facia augas por todos lados.Non se asustou.Asumiu a responsabilidade.E agora, espero que no Mundial, vai recolle-lo froito de todos estos anos.
Maña vai o Bernabeu.E un dos poucos campos onde ainda no seu viu o mellor Fernando Torres.E tera diante a Iker Casillas, un porteiro impenetrable para o dianteiro colchoeiro.Pero agora, Torres chega en racha.Con Pepe Murcia reencontrouse co gol.Deulle, o adestrador, confianza e Torres respondeu.Alegrareime si fai un gran partido no Bernabeu.
miércoles, marzo 01, 2006
Once contra Costa de Marfil
Ata sempre, Pérez

Gol renhido principia o seu camiño na bolgsfera un dia que non é un dia calquera.Coa despedida do mes de febreiro, marchou tamén do Real Madrid, Florentino Pérez, o que foi presidente do club madridista nos últimos seis anos.
Vaise di, porque o Real Madrid necesita un revulsivo.Canso de buscar solucións no banquiño, Pérez salta do palco.Abandona o barco no peor momento.
Din algúns que é unha decisión valente.Non se sinte capaz de atopar unha solución os problemas e prefire que o intente outro.
Hai tamén quen pensa que é un acto de cobardia.Desaparece cando as cousas van moi mal.Fora da Copa do Rei, case tamén da Liga (so o evitaria unha milagre) e a noventa minutos de despedirse da Liga de Campeóns.
Eu estou mais con estes últimos.E iso a pesar de que ,esta tarde, Manel Otero Lastres, case me convence do contrario.Dixome o directivo galego do Real Madrid, que a marcha de Florentino é un acto de lealtade, que quere mostrar que o Real Madrid esta por riba de todos (mensaxe os xogadores) e que por iso se vai.
Eu creo que si o Real Madrid tivera eliminado da Copa do Rei o Zaragoza, si non perdera en Mallorca e si no Bernabeu, fronte o Arsenal, o resultado fora outro, Florentino Pérez ainda seguiria sendo presidente do Real Madrid.
martes, febrero 28, 2006
Gol renhido
De pequenos, adoitabamos xogar a calquera hora.Nun trozo de céspede, entre as serras de Mourin e a de José Maria, caneando trillas de madeira, alí detrás do que agora é o taller de Manolo de Xirón.Duas pedras marcando a porteria, ou duas camisetas.
Un porteiro.E dous contra dous.Ali, cos fillos dos gardas civís, soñabamos con ser do Athletic de Bilbao.Parádoxas da vida.A Garda Civil e o Athetic de Bilbao.Parádoxas da vida.E a inocencia infatil.Eu queria ser Iribar, o porteiro daquel Athletic de Iñaki Saez, Txextu Rojo, Guisasola, Tirapú......
Ali, entre as trillas de madeira, a carón daquela conexeira, soñabamos con xogar nun campo de verdade.Soñabamos, ata que as primeiras casas construidas naquel descampado, acabaron cos nosos soños.Aqueles partidos, con duas pedras marcando a porteria, un porteiro e dous contra dous, aqueles partidos, dicia, eran "un gol renhido".
Un porteiro.E dous contra dous.Ali, cos fillos dos gardas civís, soñabamos con ser do Athletic de Bilbao.Parádoxas da vida.A Garda Civil e o Athetic de Bilbao.Parádoxas da vida.E a inocencia infatil.Eu queria ser Iribar, o porteiro daquel Athletic de Iñaki Saez, Txextu Rojo, Guisasola, Tirapú......
Ali, entre as trillas de madeira, a carón daquela conexeira, soñabamos con xogar nun campo de verdade.Soñabamos, ata que as primeiras casas construidas naquel descampado, acabaron cos nosos soños.Aqueles partidos, con duas pedras marcando a porteria, un porteiro e dous contra dous, aqueles partidos, dicia, eran "un gol renhido".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




