jueves, marzo 30, 2006

Ata logo, Caparrós

Creo que Caparrós esta a preparar a sua saida.¡Que sorte vai ter o Deportivo¡.Non sei porqué pero sempre desconfiei do actual técnico do Deportivo.Non me gusta.Pareceme artificial.No campo, nas salas de prensa.

Dame que é outro deses adestradores que caen moi ben ali onde nunca traballaron. Outro Víctor Fernández.En Madrid perden o cú por él.Pero que pregunten en Vigo, en Tenerife ou en Zaragoza.

Creo que con Caparrós vai pasar o mesmo.Que si Lendoiro non cumpre, que si non me traen o que eu quero, que si se van xogadores cos que eu conto. Botaralle a culpa ó empedrado.Pero marchará.E despois, descansaran os xogadores.Os que non xogan.Pero tamén os titulares.

miércoles, marzo 29, 2006

De repente, despertei

O Deportivo xogaba este domingo en Mollerusa, o Celta era o Celta de Gudelj, o Sporting de Xixón disputáballe as ligas ó Real Madrid, o Teresa Herrera era o Teresa Herrera, o Cidade de Vigo sempre o xogaba o Real Madrid, Maradona era deus, o Granada seguia en primeira, Vila-real era un pobo descoñecido de Castellon, no Valencia xogaba Kempes e Juanito era a estrela do Real Madrid, todolos partidos eran ás cinco da tarde, as quinielas validabanse cun selo, eu era o sete do Baralla, o Alemán seguia xogando no Becerreá, Dosi, Fariña, Ordáx , asi mais ou menos, comezaba a aliñacion do Lugo no vello Anxo Carro.

-Eh, Jose, despierta.

Outra vez me quedara dormido no sofa.Na tele, un equipo vestido con camisetas amarelas moi axustadas, xogaba fronte ó Inter.

Mentres eu me incorporaba, ela repetia "Un partido más, una neurona menos".

martes, marzo 28, 2006

Guti e dez mais

Mediados os noventa coincidin cun rapaz, de dezasete ou dezaoito anos.Xogábase no Bernabeu a homenaxe a Juanito e o rapaz en cuestión andaba pola zona de prensa do estadio.Levaba media melena, similar á que lucia Fernando Redondo, que daquela marcaba tendencia no vestiario do Real Madrid.

Algúns pensaban que o rapaz era irmán do arxentino.Pero era de Torrejón.E era unha das mais firmes promesas do Real Madrid.A media melena non era para parecerse a Redondo.Era xa unha forma de dicir "aqui estou eu" nun clube que, daquela, iso da imaxe fora do normal non estaba moi ben visto.Era José Maria Gutierrez.Era Guti.

Pouco despois, xa vimos ó rapaz como habitual nos adestramentos do primeiro equipo.E con Valdano chegou o seu début no Real Madrid.Neses momentos tan félices non podia imaxinar os paos que lle ia dar o fútbol.

Que duro foi o fútbol con Guti.Era sempre un dos xogadores de mais calidade da plantilla.Pero sempre era carne de banquiño para todolos adestradores.Capello, Hidinck, Heynckes, Queiroz....para todos era un gran futbolista pero todos contaban moi pouco con él.So viu a luz con Vicente del Bosque.Pero o problema de Guti non so era cos adestradores.Cando parecia asentado como titular(na época de Del Bosque) ano tras ano chegaba Florentino Perez cunha fichaxe que ocupaba o seu posto.Si xoga de nove, ficho a Raonaldo.Si rinde como media punta, traigo a Zidane.Pero aguantou.

Ata o pasado verán.Viuse fora do Real Madrid.Chegaban Baptista e Robinho.Mais competencia.E por riba, as suas relacións con Luxemburgo non eran as mellores.O brasileiro non lle perdoara que se borrara antes dunha viaxe a Riazor.Pero, entre que non habia ofertas dos equipos os que el queria ir e que o seu entorno convenceuno para seguir, o de Torrejón, ó final optou por continuar.

E nesas chegou López Caro.E si o tiña claro con Guti.Amais, os golpes forono moldeando como xogador.Xa non é un futbolsita intermitente, que so pensa en atacar e en dar o ultimo pase. A paos, madurou.
Guti traballa.Corre.Recupera.Asiste.Protesta.Pega( e o mais amoestado do Real Madrid).Guti sintese valorado, querido, útil.E responde.

Neste Real Madrid tan triste, Guti aporta luz.Este Real Madrid é Guti e dez mais.Como debe de ser na selección.

"O elexido"

Xa ten adestrador o Real Madrid.Será Ancelotti.............
Ou Ericksson.Ou Lippi.Ou Capello.Ou Mourinho.Ou Del Bosque.Ou Benitez.Ou Camacho.Ou Van Basten.Ou Koeman.Ou Victor Férnandez.Ou Caparrós.Ou Schuster.Ou Gullit.Ou Fernando Vázquez.Ou Juande Ramos.Ou Pepe Murcia.Ou Luis Cesar.Ou Mandiá.Ou Rijkaard.Ou............


Está dito.28.03.2006

viernes, marzo 17, 2006

"Aguanta Michel"


Non entendo porque se cuestiona a Michel Salgado.Supoño que os defensores da revolución na plantilla están cansos de ve-lo, unha tras outra temporada, mostrandose como o xogador máis regular do Real Madrid.Demasiado tempo.Asi que mellor apostar por unha cara nova como é a de Cicinho. Quizas tamén por ser un dos pesos pesados de tan complicado vestiario.

Pasan factura a Michel.E iso que foi un dos poucos xogadores que nas boas e nas malas sempre deu a cara.Aproveitaron unha lesion e a chegada de Cicinho para tentar apartar ó galego da titularidade.Penso que nin asi o van a conseguir.Si algo lle sobra a Michel é cáracter e madridismo.

Madridismo para aguantar a era Florentino.Por ser el quen é, nunca foi do gusto do ex-presidente.Non era Michel o que lle reia as gracias a Pérez.Non lle gustaba a Michel o comportamento do ex-presidente con algúns xogadores.Pero tivo que aguantar.Ata onte.

Sen nomealo, Michel referiuse sempre a Florentino.Acusouno de abandona-lo barco cando as cousas ian mal.De consentir actitudes e comportamentos impropias dun equipo de fútbol.En definitiva, de ser un cobarde e "un pai"incapaz de educar os "seus fillos".

martes, marzo 14, 2006

Valium para Caparrós

E o seu estado natural.Pero Caparrós anda agora algo mais nervoso.Chega para o Deportivo e para o seu técnico a hora da verdade.Ata este momento viviu do "ano de transición", unha milonga creada polo deportivismo(club, afeccionados, prensa).Desta forma poden xustificar calquera resultado da temporada.Se se pasaba mal, non habia problema.Se se estaba polos postos altos, pérfecto.

Pero chega o partido de volta da Copa do Rei e Joaquín Caparrós, un técnico para mín sobrevalorado, da mostras de preocupación.O equipo non gaña en Riazor.E agora non lle queda outra que superar ó Espanyol.Co medo no corpo, Caparrós fala mais ca xesticula.Falou tras perder ante a Real Sociedade.Ninguén lle creeu iso de sacar os rapaces do filial.E reiuse da prensa tras decidir facer a porta pechada o último adestramento antes de xogar co Espanyol.

Caparrós, bandeira do fútbol mais violento(non no Deportivo pero si no Sevilla), non encontra a maneira de que o seu equipo gañe en Riazor.Agora necesita axuda.E ante o partido do mércores, no que o Deportivo se xoga a temporada, non é momento de crispa-lo ambente.Hai que ir todos xuntos na mesma dirección.Por tanto, un valium para Caparrós

Tren da morte

E despois do deporte ¿qué?.A Jesús Rollán atropelouno o tren da vida.Un tren o que xa se subira antes de remata-la carreira deportiva.Un aviso para tantos "niñatos"futboleros.

domingo, marzo 12, 2006

Figo-Ronaldo


Foi no Real Madrid-FC Barcelona da pasada temporada. Luxemburgo deixou a Luis Figo fora do once.Algo inesperado, dificilmente explicable, malia que eran coñecidas as diferencias entre xogador e adestrador.

Foi o principio do fin dun xogador cen por cen profesional, comprometido e entregado a sua cor, daquela a branca do Real Madrid.Luxemburgo foi o verdugo de Figo.Fixo, o brasileiro, o traballo sucio.Desfixose do portugues, cos parabéns da directiva.

Un ano despois, semella que se esta a repetir unha situación similar.Ronaldo é o protagonista e Juan Ramón López Caro pode que vaia desempeña-lo papel que o ano pasado fixo Luxemburgo.

Comezou López Caro por deixa-lo fora da convocatoria fronte o Atletico de Madrid.Permitiulle xogar en Londres e deixouno outra vez no banco en Valencia.Sen Florentino Pérez, Ronaldo ten poucos apoios dentro da directiva.Menos no vestiario.Entre todos, mostranlle a porta de saida.

sábado, marzo 11, 2006

Fernando Vázquez


Apeteceme escribir sobre Fernando Vázquez.E para que non queden dúbidas dende o principio, direi, que para mín é o mellor adestrador da historia do fúbol galego.

Haberá algún que diga,¿e Arsenio?.Vale.¿Ou Luis Suarez, que chegou a seleccionador?.Perfecto..Pero para min, ningún como Fernando Vázquez.Chegou dende abaixo.Non foi un xogador de élite como Arsenio.Ou un extraordinario fútbolista, como Luis Suarez.

Mamou o fútbol dende os campos de lama.En Lalín.En Lugo.Foi precisamente en Lugo, onde o descubrin.Non podo esquecer un partido na vella cidade deportiva do Real Madrid.Real Madrid B-Lugo.Gañou o equipo lugues ante un filial madridista no que destacaba Victor, o agora xogador do Deportivo.¡Qué partido do Lugo¡´0-2 foi o resultado.

Triunfou Fernando no Compostela.Por menos do que él fixo, a Quique Sánchez Flores despois de adestrar ó Xetafe, ofreceronlle o Valencia. No Betis non lle deixaron asina-lo ascenso.Pero ai está Joaquin para falar de Fernando.Mallorca, Oviedo, Valladolid, As Palmas.Mais ou menos exitos.Pero ninguén lle pode discutir o seu traballo.En Vallecas ainda se arrepinten da sua destitución.Onde está Fernando e onde está o Raio.

E que dicir do seu paso polo Celta.Colleuno en segunda.Armou un equipo para ascender.Ascendeu.E agora, a tiro de Europa.Pese a quen lle pese.¿Qué mais queren?.

Sempre digo o mesmo.Se Fernando fose serbio ¿onde estaria?.Afortunadamente está no Celta.Un Celta que cheira a Europa.¿A qué agardan para renovarlle o contrato?Ou, acaso, queren que o Celta europeo o dirixa un técnico de "recoñecido prestixio".Dou pistas.Antic está libre.Este si que vende....burras.Fernando, o mais grande.Pese a quen lle pese.

jueves, marzo 09, 2006

Riazor sen final


Riazor non acollerá a Final da Copa do Rei.Por tanto, Deportivo non poderá celebra-lo seu centenario como pretendia.Pesaron mais os intereses dos outros dous clubes, o Zaragoza, xa finalista, e o Espanyol, pendente da semifinal fronte o Deportivo.

O clube coruñes sintese agraviado.No 2002 ninguén lle preguntou se querian xogar a final no Bernabeu fronte o Real Madrid.So lles dixeron, o seis de marzo, as nove da noite, tedes que estar en Madrid para xogar a final de Copa.Estiveron e gañaron.

Pero pensaban que si daquela pasou eso, agora, poderia repetirse.Non foi asi.Zaragoza e Espanyol expuxeron como argumento o pouco áforo de Riazor.E por iso se inclinaron por Madrid.En principio, polo Bernabeu e, si non o cede o Real Madrid, polo Calderón.

Pesou o áforo pero tamén, é posible, as malas relacións do Deportivo coa Federación.Tensou a corda Lendoiro.Primeiro polo partido de volta fronte o Valencia.Logo pola data da semifinal ante o Espanyol.Asi e moi complicado que lle fagan caso.Malia que, ala polo mes de xaneiro, algún alto cargo da Federación recoñecia que lle gustaria ver unha final en Riazor.

Non sera asi.E ó Deportivo so lle queda agarrarse a aquelo de que nunca perdeu unha final no Bernabeu.1995-2002

domingo, marzo 05, 2006

O portugues arrogante


Non lle perdoan que sexa portugues.E que no seu paso polo fútbol español non fose mais, din, que o traductor de Bobby Robson.Rironse del e agora todos teñen que soporta-la sua soberbia.

Non deixou amigos trala sua estadia no FC Barcelona.Lóxico.Todos eses xornalistas "agarrafarolas" tiñan demasiado "caché" como para tomar un café co traductor de Robson.E agora pasa o que pasa.

Xa lle pasou factura a algún.Xenial aquela resposta na rolda de prensa previa o Barça-Chelsea da pasada temporada."Vexo que ti sigues coma hai dez anos.E mira eu onde estou" lle contestou a un xornalista que, con tono arrogante, lle preguntou algo relacionado co seu paso polo cadro catalán.

A min gustame Mourinho.Dende o posto de "traductor" foi medrando pouco a pouco.Pasou por un modesto portugues ata que triunfou nun Porto, co que poucos contaban.Gañou aquela Liga de Campións que parecia ser do Deportivo.

Chegou o Chelsea e seguiu gañando.E certo que ten todo o que quere.Pero tamén algo tera el pra gañar ali onde vai.Se fose holandes, alemán ou ingles todos lle reirian as gracias.Pero é portugues, afortunadamente.E é un pedazo de adestrador.Gañe ou non a Liga de Campeóns co Chelsea.

sábado, marzo 04, 2006

Ronaldo


Non pasa nada por que non xogue Ronaldo.Bo, si pasa.Non xoga un dos tres mellores dianteiros do mundo.Pero non é un problema, de momento.Pode que non xogue porque López Caro pensa que o partido realmente decisivo é o do mercores en Londres.Por iso, entendemos, que hoxe prefire que descanse, que este en plenitude de condicións para xogar ante o Arsenal.

Outra cousa seria se o mércores, Ronaldo non viaxa ou, se o fai queda no banquiño nun partido no que o Real Madrid se xoga a temporada.Eso si que sería unha mensaxe moi clara.Non contamos contigo, Ronaldo.E o que lle estarian dicindo o brasileiro.

Entón seria o momento de cuestionar de quen ben esa decisión.Ronaldo xogaba con Florentino.Ronaldo xogaba con López Caro.Ronaldo deixa de xogar con Fernando Martin.

¿Decide Martín que acabou o tempo de Ronaldo no Real Madrid?

Derbi


Chove en Madrid.Fai frio.Pero hai derbi.Hai fútbol.

viernes, marzo 03, 2006

E por fin, fútbol


Aburreme xa o asunto da presidencia do Real Madrid.En todolos sitios, prensa, radio, Tv ou blogs, en todos so se fala de Florentino Pérez e de Fernando Martin.Un coñazo.Dende hai algún tempo do que menos se fala é de fútbol.Ten mais importancia a politica do fútbol que o balompé como deporte.

Afortunadamente, é venres.E maña volve a Liga.Volve o fútbol.Messi, Ronaldinho, Tristán, Ronaldo ou Forlán.Estes son os autenticos protagonistas.Ben é certo, que sin os politicos do fútbol, este deporte tampouco seria posible.Pero chega o sabado.E chega o seu momento.

Volveremos ver a Fernando Torres.Para min, o mellor do que chega.Gustame como futbolista e gustame como persoa.Unha cousa é a imaxe.E outra o que leva dentro.Aguantou de todo dende que chegou o primeiro equipo do Atletico de Madrid.Apenas era un neno.E dende o principio tivo que face-lo papel de lider nun equipo que facia augas por todos lados.Non se asustou.Asumiu a responsabilidade.E agora, espero que no Mundial, vai recolle-lo froito de todos estos anos.

Maña vai o Bernabeu.E un dos poucos campos onde ainda no seu viu o mellor Fernando Torres.E tera diante a Iker Casillas, un porteiro impenetrable para o dianteiro colchoeiro.Pero agora, Torres chega en racha.Con Pepe Murcia reencontrouse co gol.Deulle, o adestrador, confianza e Torres respondeu.Alegrareime si fai un gran partido no Bernabeu.

miércoles, marzo 01, 2006

Once contra Costa de Marfil


Este é o once de saida da selección española
Casillas, Sergio Ramos, Pablo, Puyol, Antonio López, Xavi Alonso, Cesc Fábregas. Albelda, Luis Garcia, Villa e Torres.

Ala van.Sen Salgado.

Ata sempre, Pérez


Gol renhido principia o seu camiño na bolgsfera un dia que non é un dia calquera.Coa despedida do mes de febreiro, marchou tamén do Real Madrid, Florentino Pérez, o que foi presidente do club madridista nos últimos seis anos.

Vaise di, porque o Real Madrid necesita un revulsivo.Canso de buscar solucións no banquiño, Pérez salta do palco.Abandona o barco no peor momento.

Din algúns que é unha decisión valente.Non se sinte capaz de atopar unha solución os problemas e prefire que o intente outro.

Hai tamén quen pensa que é un acto de cobardia.Desaparece cando as cousas van moi mal.Fora da Copa do Rei, case tamén da Liga (so o evitaria unha milagre) e a noventa minutos de despedirse da Liga de Campeóns.

Eu estou mais con estes últimos.E iso a pesar de que ,esta tarde, Manel Otero Lastres, case me convence do contrario.Dixome o directivo galego do Real Madrid, que a marcha de Florentino é un acto de lealtade, que quere mostrar que o Real Madrid esta por riba de todos (mensaxe os xogadores) e que por iso se vai.

Eu creo que si o Real Madrid tivera eliminado da Copa do Rei o Zaragoza, si non perdera en Mallorca e si no Bernabeu, fronte o Arsenal, o resultado fora outro, Florentino Pérez ainda seguiria sendo presidente do Real Madrid.