
Non gañaran outras nove copas de Europa, nin vintentantas ligas, nin non sei cantas copas do Rei, nin Intercontinentais nin copas Toyota, nin Supercopas.Non volverá a quinta do Buitre, nin Gento, nin Puskas, nin "don Alfredo".Hugo Sánchez non gañará mais pichichis, non haberá outro Amancio.Zidane vaise e non nacerá outro igual.
Tampouco virá Santiago Bernabeu pra reinventa-lo fútbol.O Real Madrid non volverá se-lo mellor club do seculo vinte.Botaremos de menos a Ramón Mendoza.Algo menos a Lorenzo Sánz.Miguel Muñoz non será o adestrador da próxima temporada..
Chega o gran dia.¡¡¡Canto o levan agardando¡¡¡.O vinteseis de abril.Hai xunta directiva do Real Madrid.Propoño unha solución a Fernando Martín.Que presente unha proposta de disolución da entidade.Seguro que todos descansamos.E o Real Madrid, en paz.


