miércoles, mayo 31, 2006

¿Por qué Djalminha non foi campión do mundo?

Asi o conta Sandro Rossel no seu libro "Bienvenido al mundo real":

"Cuando venía a Río, Scolari cenaba y dormía en mi casa en algunas ocasiones.Un día me llamó para decirme que ya habia confeccionado la lista de los veintitres jugadores que pensaba llevar al Mundial y que desesaba enseñármela.Me pareció un detalle que, sinceramente, no esperaba.Se presentó pronto en mi casa, lo reocordaré toda la vida, y mientras estabamos esperando para cenar, conecté las noticias del canal internacional de TVE, justo en el momento en que comentaban el cabezazo que Djalmiha le habia propinado a su entrenador, Irureta.Nos quedamos de piedra y Scolari se piso de pie, indignado, exclamando:"La madre que lo parió.Será....., se acaba de caer de la lista éste.Ya no lo puedo convocar.Cómo quieres que convoque a un tipo que le da un cabezazo a su entrenador, a un colega mio, ya no lo puedo convocar".Y alli en mi casa, Djalminha se cayó de la lista y se incorporo a última hora Kaká, el joven centrocampista del Sao Paulo"

Asi foi como Djalminha se quedou sen Mundial e, por tanto, sen ser campión do mundo en Corea e Xapón.

Sandro Rossel, que despois seria vicepresidente do FC Barcelona, era daquela o responsable de NIKE en Sudamerica e home de confianza de Felipe Scolari, seleccionador brasileiro.

martes, mayo 30, 2006

¿A QUE XOGA LUIS?

08.05.2006 Luis dixit."A Pernia le ha llegado tarde ser español.Ha habido otros jugadores que han jugado toda la clasificación y la repesca, que venian haciendolo bien.Si hubiese llegado antes es posible, ahora me parecía una injusticia.A Pernia le considero un buen jugador pero los que vienen también lo son"

¿Qué cambiou dende aquel dia?.Capdevilla si estivo na última xornada de convivencia.E Luis foi moi claro.Os vintetres do Mundial sairan dos vintesete que estiveron o oito de maio en Madrid.Capdevilla estivo.Pernía non.¿Está claro, Luis?

jueves, mayo 18, 2006

Gañou o Barça.Gañou o mellor.O fútbol é xusto.Noraboa os meus amigos barcelonistas.A Regle, a Vicen, a Riancho, a Ovidio, a Ricardo, a Eugenio........

martes, mayo 16, 2006

O pontificado de López Caro

Acabou a Liga.Acabaron as roldas de prensa de López Caro.¡¡¡Que alivio¡¡¡.Parece que vair sair do Real Madrid.Despois de toca-lo ceo da primeira división, volver ó filial para él é como volver ó inferno.A evanxelizar a outra parte.¡¡¡Que Deus vaia con él ¡¡¡.

Non é a miña selección

Anda extendida por Madrid unha corriente pola que so se podia criticar á lista de Luis Aragones o día que a facilitou.Ou sexa.O quince de maio comezaron e acabaron as críticas a Luis Aragones.Seria moi longo de explicar os porqués do bo cartel que ten o actual seleccionador na prensa madrileña.

¡¡¡Qué teria sido de Clemente se nalgún momento fixera unha fase de clasificación como a que fixo España para o Mundial de Alemaña¡¡¡.O paso do tempo acabará por recoñecer o traballo do vasco a fronte da selección española.

O que iamos.Luis é intocable.Intocable para os pesos pesados da prensa madrileña. Aqueles que nunca sufriron o insoportable caracter do seleccionador.Aqueles que, si esporadicamente acudian a algunha rolda de prensa de Luis, lle reian as gracias.As gracias dun tipo que tiña por costume maltratar os xornalistas mais mozos que eran os que cubrian case sempre a información do Atletico de Madrid .

O seleccionador, un tipo, que logo na distancia curta, ante os xefes deses xornalistas maltratados semellaba ser un encantador.A aposta saiulle ben a Luis.Primeiro, co apoio dos medios madrileños, chegou a seleccionador.Logo evitou as criticas na fase de clasificación.E agora obtén o beneplácito case unanime a sua lista mundialista.

Dito esto, a min, pareceme unha selección de xogadores cobarde.Boto en falta a Guti, a Oubiña, a Cani, a Pernia, a Tamudo, a David Castedo, a Martí, a Jesus Navas, a Albiol, a Pinto..¿Por qué Xavi, recen saido dunha lesión e non Vicente, na mesma situación?. E importante Xavi pero tamén o foi Vicente cando estivo en boas condicións físicas.

Non aguanto a Luis.Ainda que pase de cuartos, para mín é e será un adestrador caducado.
A de Luis, a española, non e a miña selección.No Mundial son arxentino. brasileiro, holandes, portugues ou tunecino.

martes, mayo 02, 2006

Os 23 do ¿ Sabio ?

Duas semanas para coñecer os vintetres de Luis.Aparecen as listas en todolos medios e outra vez todo volve soar a vello.O de sempre.Os de sempre.Xogadores fora de forma (Baraja, Morientes, Joaquin....), xogadores recen saidos de lesións (Xavi, Raul...), xogadores cuestionados nos seus clubes (Salgado, Marchena...).
Asi lle foi sempre a España.
Soa a vello.Con Luis, non podiamos agardar outra cousa.