jueves, junio 29, 2006

Pola boca morre.....Luis


Antes de da-la lista do mundial, comentou:"os vintetres sairan dos vintesete xogadores que estiveron na última convivencia".Certo.Ata que se mancou Del Horno e chamou a Pernia e non a Capdevilla, que si estivera nesa lista de vintesete.

Antes de comeza-lo mundial, dixo:"se non chegamos a cuartos de final, deixo a selección".España caeu en oitavos.¿Qué fará Luis?. Vistos os antecedetes, imaxinome o peor.Luis seguirá.

miércoles, junio 14, 2006

14.06.2006 Torres comeza a despedirse

Provoca un penalti e unha expulsión, marca un gol, está en todalas xogadas de perigo de España, mellor xogador do partido.Ante Ucrania, no xullo alemán, comeza a despedida de Torres.Se triunfa no Mundial, está no camiño, chegarán as ofertas, e como el se quere marchar, dende hoxe, dende o catorce de xuño, Fernando Torres é un pouco menos colchoeiro.

martes, junio 13, 2006

Abrimos un momento

Abrimos un momento para lembrar a Cabanas, o único galego que, de momento, xoga no Mundial.Fixoo con Suiza, é o número sete, e empatou fronte Francia.
Pechado por Mundial